Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Vitae Consultores amosa o potencial da IA Xenerativa para os profesionais dos RRHH

        Este mes de decembro a consultora tecnolóxica galega Vitae vai organizar a terceira edición dun (...)

        Inscricións abertas para a xornada sobre IA e RRHH que organizan Vitae, o CPEIG, a AESIA, KELEA e Pintos & (...)

      • Vitae achega en decembro a segunda edición do seu curso sobre Microsoft Fabric

        Vitae ofrécenos a 3ª edición do seu curso de xestión emocional e control de estrés para xefes de equipos (...)

        A galega GradHoc lanza un proxecto innovador para mellorar a xestión de alarmas nos callcenters

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Tetris Effect inspirou a renovación de Lumines

Hoxe chegou oficialmente ás tendas dixitais o xogo Lumines Arise, a nova entrega da histórica saga de quebracabezas creada por Enhance Experience. O título, dispoñible en PlayStation 5 (compatibilidade con PlayStation VR2) e en Steam (tamén con soporte para PC VR), supón unha reinterpretación moderna do xogo que debutara en 2004 na PSP e que conquistara a (...)

Ler máis

ARC Raiders supera os 700 mil xogadores simultáneos

O título de acción cooperativa Arc Raiders, desenvolvido por Embark Studios, está a protagonizar un ascenso meteórico desde o seu lanzamento hai menos de dúas semanas. Segundo datos oficiais compartidos pola compañía, o xogo alcanzou os 700.000 xogadores simultáneos durante a pasada fin de semana, superando por segunda vez a súa propia (...)

Ler máis

En novembro chegan novos xogos para os subscritores de Amazon Prime

Amazon anunciou a primeira actualización de contido tras o lanzamento da nova versión da súa plataforma de xogo na nube, Luna, que agora forma parte das vantaxes de Prime. Os subscritores poden acceder a máis de cincuenta xogos en continuo crecemento, así como a unha selección mensual de títulos descargables para PC sen custo (...)

Ler máis

GTA VI volve adiar o seu lanzamento

O pasado mes de maio Rockstar Games sorprendía publicando o segundo tráiler do agardado Grand Theft Auto VI só uns días despois de anunciar que o xogo non sairía en 2025, senón que adiaría o seu lanzamento ata o 26 de maio de 2026. A historia volve repetirse, e agora aseguran que Grand Theft Auto VI verá a luz o 19 de novembro de 2026, deixando claro que aínda (...)

Ler máis

Tres proxectos de Lugo, A Coruña e Arbo, gañadores na categoría de videoxogos do Xuventude Crea 2025

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, asistiu hoxe ao acto no que se elixiron os proxectos gañadores do certame Xuventude Crea 2025 na categoría de creación de videoxogos, no que se distinguiron as iniciativas Kitty Witchy, Alta Costura e After Juice: Animal Disco Mafia, procedentes de Lugo, A Coruña e Arbo (Pontevedra), (...)

Ler máis

Por fin está de volta o Football Manager

O agardado Football Manager 26 xa está dispoñible para os afeccionados á xestión futbolística nas principais plataformas. Sports Interactive anunciou o lanzamento oficial do xogo, que se pode adquirir e xogar en PC e Mac a través de Steam, Epic Games Store, Microsoft Store e Xbox Game Pass. Os usuarios que participaron na beta de acceso anticipado poderán (...)

Ler máis

Nintendo revisa á alza as previsións de venda da Switch 2

A nova consola de Nintendo está a superar todas as expectativas, polo que a compañía nipoa revisou á alza as súas previsións de vendas da Switch 2, incrementándoas nun 25 % respecto ás estimacións iniciais. Segundo o último informe financeiro, correspondente ao período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro, Nintendo prevé agora vender 19 millóns de (...)

Ler máis

O Game Pass inclúe este mes o novo Call of Duty

Xbox Game Pass reforza o seu catálogo este mes con títulos moi agardados, entre eles o novo Call of Duty: Black Ops 7, que chegará o 14 de novembro dispoñible dende o primeiro día para xogar en nube, consola e PC. Desenvólveno Treyarch e Raven Software e promete ser o Black Ops máis ambicioso ata o momento, cunha campaña cooperativa, 16 mapas multixogador 6x6, (...)

Ler máis

En decembro teremos unha entrega de Thief para realidade virtual

A emblemática saga de infiltración Thief renace no mes de Nadal coa súa primeira entrega en realidade virtual. Vertigo Games, en colaboración con Maze Theory e Eidos-Montréal, confirmou o lanzamento mundial de Thief VR: Legacy of Shadow para o 4 de decembro, con reserva anticipada xa dispoñible e un desconto do 10 % en PlayStation VR2, Meta Quest e Steam VR, (...)

Ler máis

ARC Raiders chega a PC e consolas

Embark Studios lanza oficialmente ARC Raiders, o seu esperado xogo multixogador de extracción ambientado nunha Terra futura e devastada, onde os humanos loitan pola supervivencia fronte a letais máquinas chamadas ARC e outros Raiders rivais. O título está dispoñible dende hoxe en formato dixital para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC (a través de Steam e a (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 7160

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade