HMD presenta un móbil básico con aires de smartphone
mércores, 8 de outubro do 2025
Human Mobile Devices (HMD) presentou na India o HMD Touch 4G, un dispositivo que a marca sitúa nunha nova categorÃa de teléfono hÃbrido pensado para achegar prestacións de smartphone a prezo de teléfono básico. O teléfono, dispoñible a un prezo de 3.999 rupias (38,72 euros), está dirixido a usuarios sen experiencia no contorno dixital.
O HMD Touch 4G combina un deseño compacto cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas, plataforma S30+ Touch e unha suite de aplicacións na nube para vÃdeo, redes sociais, xogos en HTML5 e servizos de novas, meteoroloxÃa ou resultados de cricket. Inclúe Express Chat (permite videochamadas, mensaxes de voz e grupos en 13 linguas con calquera smartphone Android a través dunha aplicación especÃfica, que prevé ter versión tamén para iOS), Wi-Fi con función de punto de acceso, cámara traseira de 2 MpÃxeles e frontal VGA, baterÃa de 2.000 mAh con cargador rápido incluÃdo, Bluetooth, radio FM (sen fÃos e con fÃos), reprodutor MP3, USB-C, gravación automática de chamadas con xestión de cartafoles e unha tecla de SOS dedicada (actÃvase con tres pulsacións curtas ou unha longa para evitar falsos avisos). Vén cunha funda protectora e ofrécese en cian e azul escuro.
AÃnda que non parece que haxa moito mercado para un dispositivo asÃ, queda por ver como será a súa recepción comercial na India, o que entendemos que pode ser decisivo para a súa futura distribución internacional por parte da marca que colleu a remuda de Nokia.
