Prime achegará aos seus subscritores numerosos xogos en outubro
venres, 3 de outubro do 2025
Prime Gaming, incluÃdo na subscrición de Amazon Prime, chega en outubro cunha ampla remesa de xogos de balde que os usuarios poderán reclamar e conservar para sempre. Entre as novidades máis destacadas están DragonStrike, unha viaxe ao universo de Krynn cos cabaleiros de Solamnia; XCOM 2, que sitúa o xogador nun planeta dominado por forzas alienÃxenas; e as edicións completas de Fallout: New Vegas e Fallout 3, que regresan co seu inconfundible mundo postapocalÃptico e todos os contidos adicionais. Tamén forman parte da oferta tÃtulos de terror como Tormented Souls ou as dúas entregas de True Fear: Forsaken Souls, propostas narrativas como Vampire: The Masquerade — Reckoning of New York e aventuras con atmosferas moi diferentes como Hellslave, Empty Shell ou Werewolf: The Apocalypse — Heart of the Forest. A oferta complétase con xogos de misterio e obxectos agochados, como Lost & Found Agency Collector’s Edition e Halloween Stories: Horror Movie.
A proposta de Prime Gaming non se limita ás descargas para PC. Os subscritores tamén poden xogar directamente en Amazon Luna, o servizo de xogos na nube da compañÃa, con acceso inmediato a un catálogo rotativo que este mes inclúe obras como Borderlands 3, LEGO Star Wars III: The Clone Wars, Dead Island 2 Ultimate Edition, MotoGP 25, Farming Simulator 22, Rainbow Six Siege X, Dave The Diver ou Trackmania Starter Access.
Coincidindo co lanzamento destes contidos, Amazon anunciou ademais a Festa de Ofertas Prime, con ofertas especiais en mandos sen fÃos Luna e packs con dispositivos Fire TV (por exemplo, o mando solto sae a 39,99 euros, mentres que os lotes cun Fire TV Stick saen entre 58,98 e 82,98 euros).
