Os novos auriculares de JBL prometen ata 80 horas de autonomÃa
xoves, 12 de marzo do 2026
JBL presentou os novos auriculares JBL Live 780NC, un modelo circumaural deseñado para ofrecer unha experiencia de escoita prolongada combinando audio de alta resolución, cancelación de ruÃdo adaptativa e unha autonomÃa que pode chegar ata as 80 horas de reprodución.
Os auriculares incorporan transdutores dinámicos de 40 milÃmetros compatibles con audio de alta resolución tanto en conexión sen fÃos como mediante cable. O novo modelo ofrece un son máis nÃtido, detallado e cun maior rango dinámico, reforzado pola tecnoloxÃa JBL Spatial Sound, que permite recrear unha sensación tridimensional a partir de contido estéreo.
Outro dos elementos centrais do dispositivo é a tecnoloxÃa True Adaptive Noise Cancelling 2.0, baseada nun sistema de seis micrófonos que analiza continuamente o contorno acústico do usuario. Estes sensores permiten capturar e filtrar os ruÃdos ambientais en tempo real, axustando automaticamente a intensidade da cancelación para reducir distraccións. A aplicación JBL Headphones permite ademais modificar o nivel de son ambiente que se deixa pasar.
O modelo integra tamén dous micrófonos con beamforming e o sistema Perfect Calls 2.0, apoiado por algoritmos de cancelación de ruÃdo adestrados con intelixencia artificial. Esta combinación permite mellorar a claridade das chamadas eliminando ruÃdos de fondo como tráfico, vento ou zunidos.
Os JBL Live 780NC inclúen Bluetooth 6.0 con soporte para LE Audio e conexión multipunto, o que permite emparellar dous dispositivos á vez e alternar entre eles sen interromper a reprodución. Ademais, poden conectarse a fontes de audio mediante cable de 3,5 milÃmetros ou USB-C mantendo as súas funcións principais grazas ao sistema Smart Tx.
A personalización da experiencia sonora complétase coa tecnoloxÃa Personi-Fi 3.0, que permite adaptar o perfil de audio ás caracterÃsticas auditivas do usuario mediante ferramentas interactivas dispoñibles na aplicación oficial de JBL. Desde esta mesma aplicación tamén se poden configurar os controis táctiles, o ecualizador ou os axustes das chamadas.
A baterÃa é outro dos puntos destacados dos auriculares, con ata 80 horas de reprodución coa cancelación de ruÃdo desactivada, ou ata 50 horas coa función activada. Ademais, unha carga rápida de cinco minutos proporciona aproximadamente catro horas adicionais de escoita.
Os auriculares teñen un peso de 260 gramos, incorporan un deseño encartable pensado para facilitar o transporte e estarán dispoñibles en varias cores (azul, verde, champaña, negro e branco). O prezo recomendado sitúase en 179,99 euros, mentres que a xeración anterior, os JBL Live 770NC, con ata 65 horas de autonomÃa, teñen un prezo de venda recomendado de 129,99 euros, o que fai que manteñan o seu atractivo.

- Os novos auriculares de JBL combinan prestacións avanzadas cunha boa autonomÃa
