O terror de Alien chega a Meta Quest 3/3S
xoves, 13 de febreiro do 2025
O ano pasado o estudio de videoxogos Survios anunciou que estaba a preparar un xogo de realidade virtual de Alien, que no mes de decembro estreou versións para PC (Steam) e para PlayStation VR2, pero agora dá o salto ao grande público pois Alien: Rogue Incursion por fin está dispoñible para Meta Quest 3 e Quest 3S a un prezo de 36,99 euros.
Este arrepiante xogo estremece ao usuario ao somerxelo de xeito inmersivo no mundo das pelÃculas de Alien, convidándonos a poñernos na pel da exmarine Zula Hendricks, quen acompañada polos sintético Davis 01 debe infiltrarse nas instalacións de Gemini Exoplanet Solutions e empregar a súa destreza, sixilo e potencia de fogo para sobrevivir aos ataques de letais xenomorfos.
Estamos ante un tÃtulo que, sen chegar á excelencia, resultará moi atractivo para os seareiros do universo nacido en Alien, o oitavo pasaxeiro, transmitindo a sensación de terror dun xeito intenso grazas á perspectiva en primeira persoa propia da realidade virtual.
Tráiler de lanzamento de Alien: Rogue Incursion para Meta Quest 3/3S