Novos auriculares de diadema de CMF by Nothing
luns, 29 de setembro do 2025
CMF, a marca de baixo custo de Nothing, vén de pór á venda os novos auriculares CMF Headphone Pro, uns auriculares de diadema que apostan por un deseño expresivo, longa autonomÃa e cancelación de ruÃdo avanzada a un prezo de 99 euros, opción moito máis económica e discreta que os Nothing Headphone (1) que venden a 299 euros.
Un dos puntos fortes é a súa baterÃa, que chega ás 100 horas de reprodución con cancelación de ruÃdo desactivada e arredor de 50 horas con ANC activado. Ademais, ofrecen carga rápida: con só cinco minutos de conexión proporcionan ata 8 horas de uso en condicións normais ou 4 horas con ANC en funcionamento.
No apartado de son, integran diafragmas de 40 mm con recubrimento de nÃquel, unha bobina de voz de 16,5 mm e conduto de graves de precisión. Esta configuración, xunto ao deseño de dobre cámara, promete un audio profundo e claro, complementado con compatibilidade LDAC e certificación Hi-Res tanto por cable coma sen fÃos. Engaden tamén a tecnoloxÃa Audiodo, que calibra o son mediante unha proba de audición personalizada gardada directamente nos auriculares.
Os Headphone Pro chegan con cancelación de ruÃdo hÃbrida de ata 40 dB, cinco micrófonos, modo transparencia e un sistema ENC para chamadas con redución do ruÃdo de vento. A conectividade baséase en Bluetooth 5.4, con dobre emparellamento, Google Fast Pair, Microsoft Swift Pair e codecs AAC, SBC e LDAC.
En canto ao deseño, destacan polas almofadas intercambiables, dispoñibles en combinacións de verde claro, gris claro e gris escuro. O mecanismo de montaxe mediante xiro facilita a súa limpeza ou substitución. O peso é de 283 gramos para os auriculares e 45 gramos por cada par de almofadas. A diadema regulable busca un axuste cómodo para longas sesións.
Os controis tamén foron coidados: inclúen un regulador fÃsico para modificar graves ou agudos, unha roda para volume e modos ANC, e un botón personalizable que en Nothing OS pode lanzar funcións como Spatial Audio ou ChatGPT.
Por último, chegan cunha bolsa de transporte, cable de audio de 3,5 mm e integración coa aplicación móbil Nothing X para axustar a ecualización, localizar os auriculares, activar o modo de baixa latencia ou recibir actualizacións de software.
