Nest Hub, un novo altofalante conectado con pantalla de Google
xoves, 6 de xuño do 2019
Tras a chegada dos altofalantes Google Home a moitos fogares,
a compañÃa de Mountain View quere que o seu asistente de voz estea acompañado
por pantallas en certas instancias como a cociña, para permitir asà unha
experiencia de uso máis completa, e asà presenta o Nest Hub, que xa
pode reservarse en España a un prezo de 129 euros, e que aparte da tenda en
liña de Google tamén poderá adquirirse en tendas como Fnac,
El
Corte Inglés, Carrefour, Orange, Leroy MerlÃn, Worten, PC Componentes e
MediaMarkt.
O Nest Hub pode entenderse como un novo concepto de marco de fotos, que ao
estar conectado á Rede e ter integrado micrófono e altofalante convértese nunha
ferramenta para empregar a voz para controlar a reprodución multimedia,
consultar información da Internet e controlar a electrónica doméstica, podendo
incluso servir de monitor para cámaras de vixilancia compatibles.
No que se refire a reprodución de contidos, o Nest Hub pode aproveitarse para
ver YouTube, reproducir cancións e vÃdeos musicais de YouTube Music e escoitar
música de Spotify, o que non sempre serve para o lecer, de xeito que na cociña
pode aproveitarse para ver vÃdeos nos que se explique como elaborar receitas,
converténdose nunha ferramenta moi práctica (especialmente polo seu control en
mans libres).
O Nest Hub é basicamente unha pantalla táctil de 7 polgadas equipada cun
altofalante de alta calidade, un par de micrófonos de largo alcance, un sensor
de luz ambiental, Bluetooth 5 e integración con Chromecast e o asistente de
Google, ou sexa, unha solución máis para integrar a tecnoloxÃa de Google no
noso fogar, aÃnda que cómpre salientar que en breve espérase que chegue ás tendas
españolas o Lenovo
Smart Display, produto moi semellante, pero de dimensións inferiores, de
xeito que resulta máis práctico para o dormitorio (onde pode facer as funcións
dun reloxo espertador moi completo).
- Este novo altofalante conectado con pantalla semella un produto deseñado coa vista posta na cociña
- Dende Google destacan a posibilidade de empregar o Nest Hub para monitorizar cámaras de seguridade