Marineda City converterase en refuxio para os adestradores de Pokémon GO

martes, 11 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

Merlin Properties, a compañía inmobiliaria propietaria do centro comercial Marineda City, asinou un acordo de colaboración con Niantic para que os adestradores de Pokémon GO en España teñan máis facilidade para continuar as súas aventuras en exclusiva nos seus centros comerciais, incluso nos días de mal tempo.
A partir do 15 de febreiro, introduciranse novas poképaradas e ximnasios en 10 dos seus centros comerciais tanto en España como en Portugal. Grazas a esta colaboración, tamén se celebrarán encontros de Pokémon GO en varios puntos de España.
Entre 15 e 20 novas poképaradas e ximnasios instalaranse en espazos públicos, zonas sociais e áreas de arte público de Marineda City. Os adestradores non só poderán resgardarse do mal tempo mentres xogan a Pokémon GO, senón que tamén gozarán dunha experiencia de compra máis dinámica e interactiva.
Para celebrar esta colaboración, en Marineda City terá lugar unha quedada da comunidade de Pokémon GO, con módulos de cebo activos durante todo o día e máis sorpresas.