Lingua e Xuventude lanzan a 14ª edición do certame en liña Lingua de Namorar
venres, 14 de febreiro do 2025
O secretario xeral da Lingua, ValentÃn GarcÃa e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron este 14 de febreiro, coincidindo coa celebración de San ValentÃn, a 14ª edición de Lingua de namorar, o certame en liña que promove entre a mocidade o uso da lingua galega entre a mocidade e en redes sociais a través de mensaxes de amor.
Lembraron que estamos ante unha iniciativa que conta con tres categorÃas (dúas para a web e unha exclusiva para a rede social Instagram) e convidaron á mocidade a achegar as súas mensaxes que serán recibidas ata o 17 de marzo e que deberán estar escritas en galego, ben sexa en prosa ou en verso.
Para participar a través da páxina web as persoas participantes terán que presentar un formulario de inscrición no portal propio do certame. A primeira modalidade é para a mocidade de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 ata os 35. As mensaxes que participen nestas dúas primeiras non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo tÃtulo e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos autores.
Pola súa parte, a modalidade exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade desde os 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o tÃtulo e, a seguir a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Ademais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades da rede social e seguir as contas @linguagalega e @xuventudegalicia, sen exceder os 200 caracteres nas mensaxes.
Fase de votación e persoas gañadoras
As dúas primeiras categorÃas contarán con dúas fases de selección. Na primeira delas, do 18 ao 23 de marzo, as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas na páxina do concurso, previo rexistro nesta. Despois, o xurado elixirá as propostas gañadoras entre as 50 máis votadas de cada sección.
No caso dos textos presentados en Instagram, o xurado fará unha preselección de seis mensaxes de entre todas as presentadas e, posteriormente, do 1 ao 6 de abril, o público poderá votar pola súa favorita. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade o maior número de gústame por parte do público.
A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorÃas publicarase o 11 de abril tanto nas páxinas web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega como nos perfÃs de Instagram @xuventudegaliciav e @linguagalega. A persoa autora da mensaxe gañadora a través da rede social poñerase en contacto coa organización antes do 22 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.
Premios e cerimonia de entrega
No que respecta aos premios, establécense tres por cada unha das modalidades web. Os primeiros recibirán unha tableta, os segundos un altofalante bluetooth e os terceiros uns cascos sen fÃos. Pola súa parte, a de Instagram terá unha única persoa gañadora que recibirá unha tableta. A data da cerimonia de entrega dos premios, esta publicarase no espazo web especÃfico deste concurso, onde tamén se poderán consultar as bases completas para participar.