Huawei adiántase a Apple e Samsung nos teléfonos encartables anchos
luns, 13 de abril do 2026
Huawei presentou o deseño do seu novo smartphone encartable, o Pura X Max, un dispositivo que aposta por un formato máis ancho do habitual e que se lanzará en China o vindeiro 20 de abril. A proposta da compañÃa chinesa chega antes de que Apple e Samsung materialicen os seus propios plans nesta categorÃa de produto.
A información dispoñible polo momento é limitada, mais as primeiras imaxes oficiais deixan ver un terminal dispoñible en varias cores (azul, branco, laranxa e negro) e cun sistema de cámara traseira tripla. O deseño mantén elementos do anterior Pura X, con seccións diferenciadas e acabados texturizados, pero aposta por un corpo máis ancho que o doutros encartables actuais.
Este novo modelo semella situarse a medio camiño entre os formatos tipo cuncha e os de apertura en libro, lembrando tamén propostas iniciais como as primeiras xeracións de encartables doutros fabricantes. De feito, a propia Huawei amosa o dispositivo en uso tanto en orientación vertical como horizontal, reforzando a súa versatilidade.
O Pura X Max segue a liña do modelo anterior, que xa introducÃa un enfoque pouco convencional ao requirir xirar o terminal ao abrilo. Neste caso, a evolución céntrase nun formato máis amplo, que poderÃa marcar tendencia no sector.
Entre os poucos datos técnicos coñecidos, fálase dunha pantalla interna cunha relación de aspecto próxima a 16:11 e configuracións que van desde os 12 GB de memoria RAM con 256 GB de almacenamento ata opcións de 16 GB e 1 TB. Tamén se apunta á posibilidade de que integre un procesador Kirin 9030, aÃnda sen confirmación oficial.
Todo indica que o Pura X Max quedará restrinxido ao mercado chinés, pois a marca segue afectada polas sancións dos EE.UU. que fai que non poidan integrar Android nos seus dispositivos, facendo que non resulten aceptables para un usuario occidental.
VÃdeo promocional do Huawei Pura X Max
