Football Manager 25 non verá a luz
venres, 7 de febreiro do 2025
Sports Interactive leva bastantes meses traballando no desenvolvemento de Football Manager 25, traballo bastante complexo dado que decidiron dar o salto ao motor Unity para preparar esta serie de xogos para o futuro, levando a que adiaran o lanzamento do xogo nun par de ocasións, e agora sorprenden anunciando que cancelan o xogo para centrase na vindeira entrega da serie.
Esta decisión ten bastante sentido, pois non parece razoable lanzar unha entrega coas ligas anuais tan avanzadas, e dende Sports Interactive aseguran que non puideron anunciar antes a cancelación do xogo por culpa de acordos cos seus socios e por cuestións legais e financeiras (pois o xogo comercialÃzase a través de SEGA, empresa cotizada en bolsa).
Dado que Football Manager 25 tiña previsto ofrecer o meirande salto técnico na historia da franquÃa, agora haberá que agardar o mesmo para o futuro Football Manager 26, que contará con tempo dabondo para que os responsables do xogo poidan conseguir o nivel de calidade ao que aspiran, asà como ofrecer modos de xogo que tiñan pensado deixar en barbeito ante a imposibilidade de renovar completamente o seu complexo xogo en só un ano.
Os usuarios que reservaran o xogo para PC ou Mac poden solicitar a devolución dos cartos, quedando xa claro que Football Manager 25 non verá a luz en ningunha plataforma.
Dende Sports Interactive confÃan en poder ampliar a experiencia de Football Manager 24 mentres non se lance o seguinte entrega da serie.