Epic Games ofrece de balde o xogo F1 Manager 2024
venres, 14 de febreiro do 2025
Até o vindeiro dÃa 20 a tenda de Epic Games ofrece de balde o xogo F1 Manager 2024, valorado en 34,99 euros, ofrecendo asà unha oportunidade para achegarse a este tÃtulo de Frontier Developments que somerxe ao xogador nas competicións automobilÃsticas de Fórmula 1 xestionando un equipo.
O simulador permite escoller entre un dos 10 construtores oficiais de Fórmula 1 ou crear un equipo de cero; permite tomar decisións relevantes na pista, planear e dirixir a estratexia do equipo; xestionar os pilotos, o persoal, o desenvolvemento do coche e as instalación ao longo de varias tempadas; e, en definitiva, xestionar un equipo de Fórmula 1 no seu camiño ao éxito.
- O xogo permite vivir a experiencia de xestionar un equipo de Fórmula 1