Clair Obscur: Expedition 33 supera os 5 millóns de copias vendidas
mércores, 8 de outubro do 2025
Cinco meses despois do seu lanzamento, Clair Obscur: Expedition 33 consolÃdase como un fenómeno global ao superar os cinco millóns de copias vendidas en todas as plataformas. O xogo de rol desenvolvido polo estudio francés Sandfall Interactive e publicado por Kepler Interactive non só destaca polo seu éxito comercial, senón tamén pola resposta entusiasta da comunidade, que se manifestou a través de ilustracións, relatos, música e mesmo cosplays inspirados no universo do xogo.
Como mostra de agradecemento, o equipo de desenvolvemento anunciou unha actualización de balde que ampliará significativamente a experiencia de xogo. Esta expansión incluirá unha nova rexión para explorar, combates de alto nivel, traxes adicionais para os personaxes e unha historia centrada en Esquie, unha das figuras máis queridas pola comunidade. Tamén se incorporarán melloras de calidade de vida e localizacións en máis idiomas.
A actualización, aÃnda sen data de lanzamento, busca reforzar o vÃnculo emocional entre os creadores e os xogadores, nun contexto onde a narrativa, a música e o deseño artÃstico de Clair Obscur foron eloxiados pola crÃtica especializada. A dispoñibilidade do xogo en Xbox Series X|S, PlayStation 5 e PC, asà como a súa inclusión en Xbox Game Pass, contribuÃu a ampliar o seu alcance e consolidar a súa posición como un dos tÃtulos máis destacados do ano (aÃnda que cómpre salientar que estar no Game Pass reduce as súas vendas, xa que os subscritores poden gozar do xogo sen mercalo).
