Boox prepara un eReader con pantalla a cor e forma de smartphone
martes, 7 de outubro do 2025
Boox, compañÃa que o ano pasado sorprendeu cun dispositivo con pantalla de tinta electrónica con formato de smartphone, prepara agora o lanzamento do seu novo lector electrónico compacto, o Boox Palma P6 Pro, un dispositivo con formato de móbil que incorpora pantalla E Ink a cor, conectividade móbil e compatibilidade con lapis dixital. A súa chegada ao mercado chinés está prevista para este xoves, aÃnda que por agora non se coñecen nin o prezo nin a súa dispoñibilidade internacional.
Anunciado oficialmente en setembro durante a feira IFA 2025, o Boox P6 Pro ofrecerase en dúas versións: unha con pantalla en branco e negro e outra con pantalla E Ink Kaleido 3 (tecnoloxÃa empregada polos Kindle Colorsoft), capaz de reproducir ata 4.096 cores. Este panel mostrará contido en branco e negro cunha resolución de 300 puntos por polgada, mentres que as imaxes a cor se limitarán a 150 puntos por polgada. Ambas versións contarán cun sistema de iluminación frontal con axuste de temperatura de cor e sensor de luz ambiental.
A versión a cor incorporará unha cámara traseira de 16 megapÃxeles, pensada principalmente para dixitalizar documentos, asà como 8 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenamento interno, ampliables ata 2 TB mediante tarxeta microSD, grazas á bandexa hÃbrida para SIM.
Un dos seus principais atractivos será o soporte para lapis, algo inédito ata agora nun modelo deste tamaño dentro do catálogo de Boox, que xa ofrecÃa esta funcionalidade nos seus lectores e cadernos electrónicos de maior formato.
O dispositivo funcionará con Android e acceso completo a Google Play, o que permitirá empregar calquera aplicación de lectura ou toma de notas, polo que será unha interesante opcións para os amantes das pantallas de tinta electrónica que queiran gozar de grande portabilidade e funcións avanzadas.
