Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza (impulsado polo IGAPE e a Tecnópole de Ourense para impulsar a saída ao exterior das nosas empresas), facilitou a saída a Europa, na súa cuarta edición (na que participan 30 empresas), da firma ourensá Gómez y Crespo, dedicada ao desenvolvemento de produtos innovadores para o sector agropecuario e para afeccionados á agricultura. Destacan pola súa integración tecnolóxica mediante sensores, monitoraxe e aplicacións para móbiles.

O Concello de Carballo acadou financiamento europeo para desenvolver o proxecto Talento Quilómetro Cero (TALK0), unha iniciativa de divulgación científica que contará con arredor de 350.000 euros e que situará ao municipio como referente na conexión entre ciencia, empresa e sociedade.

O xornal dixital Quincemil pon en marcha unha nova iniciativa dirixida a analizar o impacto das redes sociais e da creación de contido dixital: os Encontros Creativos Quincemil. Un ciclo de eventos que reunirá en A Coruña a figuras destacadas do ámbito da cultura, o lecer e o entretemento para compartir experiencias e reflexións sobre a súa actividade profesional.

Apple vén de adquirir a compañía MotionVFX, especializada no desenvolvemento de complementos, moldes e efectos profesionais para o software de edición de vídeo Final Cut Pro (así como de Adobe Premiere Pro/After Effect e DaVinci Resolve). A operación, confirmada pola propia empresa polaca, non inclúe polo momento detalles sobre o importe económico da transacción.

A empresa estadounidense xAI, fundada por Elon Musk e responsable do modelo de intelixencia artificial Grok (integrado en X/Twitter), enfróntase a unha demanda colectiva presentada nun tribunal federal de California que a acusa de permitir a creación e difusión de imaxes sexualizadas de menores xeradas mediante intelixencia artificial.

nVIDIA anunciou DLSS 5, a nova evolución da súa tecnoloxía de superresolución baseada en intelixencia artificial, que a compañía define como o seu maior avance en gráficos por computador desde a chegada do trazado de raios en tempo real en 2018. O sistema introduce un modelo de renderizado neuronal capaz de xerar iluminación e materiais fotorrealistas en tempo real, co obxectivo de reducir a distancia entre os gráficos interactivos dos videoxogos e o nivel visual propio dos efectos especiais cinematográficos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o inicio da tramitación do anteproxecto de lei de transformación dixital do sistema público de saúde de Galicia, unha iniciativa destinada a regular o uso da tecnoloxía no ámbito sanitario e reforzar a ciberseguridade en todos os procesos.

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, desprazouse este luns 16 de marzo ata Valdoviño para comprobar in situ o funcionamento do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional, un servizo que permite tramitar e expedir de maneira inmediata o Documento Nacional de Identidade e o pasaporte.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este luns 16 de marzo co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) e do Consejo de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII), Fernando Suárez, para abordar as conclusións do informe Infancia, adolescencia e benestar dixital.

A axencia viguesa Esterea quere premiar o talento local con motivo do seu 15 aniversario. Con este obxectivo puxo marcha Impulsa Vigo, unha convocatoria aberta dirixida a ideas, proxectos e iniciativas vinculadas á cidade que se atopen en fase inicial e que aínda non conten con presenza dixital.

Apple anunciou o lanzamento dos novos AirPods Max 2, unha actualización dos seus auriculares de diadema que chega coa intención de reforzar o seu posicionamento na gama alta do mercado. O novo modelo integra o chip H2 e introduce melloras na cancelación activa de ruído, unha experiencia sonora máis refinada e novas funcións intelixentes que amplían as posibilidades de uso tanto para consumo multimedia como para creación de contido.

A empresa GaliciaDigital (Interdix Galicia S.L.) compartiu as súas máis recentes novidades en dixitalización a nivel lucense. A empresa, con sede na praza Maior de Lugo dende a cal ofrece servizos avanzados para a pequena empresa en Galicia, acadou os 139 beneficiarios no programa Kit Dixital, segundo datos do propio programa ao 31 de decembro de 2025.

O vindeiro 1 de abril Apple celebra os seus 50 anos, momento que están a aproveitar compañías como Spigen para lanzar produtos que tiran de nostalxia para captar a atención do público, como a colección Classic LS, inspirada no deseño dos ordenadores Macintosh 128K e Apple Lisa.

A Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira prepara xa novos cursos para o segundo trimestre do ano con accións a desenvolver na Aula CeMIT, ademais das que se impartirán nas parroquias, iniciando o periplo formativo en Artes.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais abriu unha consulta pública destinada a identificar as zonas do territorio español nas que non existe cobertura de redes móbiles 4G ou 5G e nas que tampouco está prevista a súa despregadura nun prazo crible de tres anos. O proceso, publicado o 13 de marzo de 2026, permanecerá aberto ata o 13 de abril e forma parte dunha iniciativa orientada a impulsar o acceso a redes 5G nativas en áreas especialmente rurais ou illadas.

Meta anunciou unha ampliación das fontes de información dispoñibles no seu asistente Meta AI co obxectivo de ofrecer contidos máis variados e actualizados. A compañía comezou a integrar novas fontes de noticias internacionais que permitirán ao sistema responder con información en tempo real sobre actualidade global, entretemento, estilo de vida e outros ámbitos.

A chinesa ByteDance decidiu suspender temporalmente a expansión internacional do seu novo modelo de xeración de vídeo con intelixencia artificial, Seedance 2.0, segundo informou o medio The Information citando dúas fontes con coñecemento directo da situación. A ferramenta está dispoñible en China desde febreiro, pero a súa chegada a outros mercados quedou en pausa tras as advertencias legais enviadas por grandes estudios de Hollywood.

Google presentou a iniciativa AI Works for Europe durante o Future of Work Forum celebrado en Riga (Letonia), un programa orientado a facilitar que profesionais, estudantes e empresas europeas adquiran competencias en intelixencia artificial (IA). A compañía anunciou tamén unha achega adicional de 30 millóns de dólares ao Google.org AI Opportunity Fund e a ampliación do acceso ao certificado Google AI Professional Certificate, co obxectivo de reforzar a capacitación dixital en toda Europa.

MasOrange iniciou este mes o proceso de apagado da súa rede móbil de terceira xeración (3G) en España, iniciando este plan nas localidades de Zamora e Roquetas de Mar (Almería), onde realizarán as primeiras probas antes da extensión progresiva ao resto do territorio.

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu os días pasados os obradoiros do programa de emprendemento AddVenture, unha actividade práctica organizada polos Consellos Sociais da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo axudar ás persoas participantes a transformar as súas ideas de negocio en prototipos funcionais empregando intelixencia artificial e linguaxe natural.
· Carballo e a UDC impulsarán a divulgación científica co proxecto Talento Quilómetro Cero
· Quincemil estrea os seus Encontros Creativos cun debate sobre o éxito nas redes sociais
· Pretenden iniciar unha demanda colectiva por mor da sexualización de imaxes por parte de Grok
· DLSS 5 achegará fotorrealismo os videoxogos fusionando gráficos 3D e IA
· Comeza a tramitación da futura Lei de transformación dixital do sistema público de saúde
· Pedro Blanco e Fernando Suárez comparten recursos para garantir usos seguros das TIC na nenez
· O reto Impulsa Vigo busca un proxecto innovador para dar o salto dixital
· Apple renova os auriculares AirPods Max
· GaliciaDigital acadou xa os 139 beneficiarios no programa Kit Dixital
· Spigen comercializa accesorios inspirados nos Macintosh clásicos
· O Goberno pretende levar a 5G a zonas moi rurais sen cobertura
· O grupo PRISA súmase ás fontes informativas de Meta AI
· ByteDance paraliza o lanzamento global do xerador de vídeo con IA Seedance 2.0
· Nova iniciativa de Google a prol da formación en IA
· MasOrange inicia o apagado da rede 3G en España
· Os obradoiros de AddVenture celebraron dende o CITIC as vantaxes da IA no emprendemento
· UDC Conecta activa un ciclo de visitas dos clústeres galegos aos centros de investigación
· A ausencia de fenda dixital de xénero consolídase en Galicia
· Equipos de Ribeira, Narón e Vigo representarán a Galicia na gran final nacional da FIRST LEGO League
· Novo número da nosa edición impresa
· Digg suspende temporalmente o seu relanzamento por mor dos bots
· Recta final para BIXO, a misión biolóxica do UVigo SpaceLab apoiada por Zona Franca
· Facebook reforza as medidas para premiar o contido orixinal e frear as copias na súa plataforma
· Allariz impulsa a súa estratexia dixital cunha nova web sen barreiras
· startTIC dará a coñecer os gañadores do seu desafío nunha xornada en Pontevedra
· Do Brasil á Coruña: Ana Rute Mendes consolida a súa carreira no software libre en Igalia