A PlayStation Network estivo fóra de servizo durante o sábado
luns, 10 de febreiro do 2025
Na medianoite do venres ao sábado os usuarios de consolas PlayStation atopáronse coa imposibilidade de conectarse á PlayStation Network no que se trataba dunha seria caÃda global e total do servizo, pese a que a compañÃa asegurase que «algúns usuarios poderÃan estar a experimentar problemas».
A incidencia foi das máis longas que podemos lembrar (quedando por detrás da caÃda de preto de 3 dÃas en 2014), sen que Sony dese conta de se foi provocada por algún tipo de problema de seguridade polo que deban preocuparse os usuarios, limitándose a asegurar que o problema estaba resolto preto de 24 horas despois de producirse, e apuntando que como agradecemento á paciencia dos usuarios os subscritores do servizo PlayStation Plus recibirÃan automaticamente 5 dÃas adicionais de servizo, o que moitos consideran insuficiente (especialmente se só gozan do servizo nas fins de semana) pero cómpre lembrar que na última grande caÃda, pese a durar unhas dez horas, non se realizou compensación algunha.
Cómpre salientar que este tipo de incidencia non só impide gozar dos xogos en liña, senón que tamén imposibilita o goce de xogos que verifican a súa licenza a través da Rede aÃnda que se xoguen en local, polo que o prexuÃzo é bastante importante para moitos usuarios.